martes, 18 de septiembre de 2007

ASOCIACION PARA A DEFENSA DOS/AS USUARIOS/AS DE CAIXAS DE AFORRO E BANCOS




ESTATUTOS




CAPÍTULO PRIMEIRO



DA ASOCIACIÓN EN XERAL



Artigo 1º: Constituese na cidade de Vigo unha asociación que se denominará ASOCIACION PARA A DEFENSA DOS/AS USUARIOS/AS DE CAIXAS DE AFORROS E BANCOS (en siglas ADUCAB) e que se rexirá pola vixente Lei de asociacións e polos presentes Estatutos.



Artigo 2º : Son fins da Asociación:


  1. Estudo e elaboración de propostas alternativas ó sistema financieiro; divulgando e organizando campañas de concienciación, recollida de firmas; participando en debates e, en xeral, favorecer tódalas actividades tendentes a conseguir:


1.- Que frente á actuación das entidades mercantís de crédito, sexa mantida unha alternativa representada polas entidades oficiais e polas entidades financeiras de carácter social, como as Caixas de Aforro, as Cooperativas de Creto, e Bancos Alternativos (Ecobancos).


2.- Que se fomente e protexa a creación de entidades financeiras con carácter social, tanto para facilita-los servicios financeiros a un xusto prezo, como para que planifiquen as suas actividades tendo en conta as repercusión ecoloxicas e sociais, xa que ditas actividades son imprescindibles e necesarias para o desenrolo socio-economico do país, evitando a especulación e contribuindo ó fomento dunha economia sostible..


3.- Que se procure a implicación dos poderes políticos, para conseguir unha Lexislación mais acorde cos dereitos das persoas usuarias, que garante a eficacia dos servicios, axeitados as posibilidades e necesidades reais, asi como um estricto e eficaz control das entidades de crédito.


4.- Que os dereitos de representación dos/as cidadáns estean garantidos, tanto para a participación nos órganos de goberno según lles corresponda, como para outer a información necesaria.


5.- Que se dote dun organismo competente para a fiscalización, vixilancia e control das Entidades de Crédito de da sua pilitica financeira, da que dpende a marcha da economia do pais..



  1. O asesoramento ós seus socios/as nos conflictos que os/as mesmos/as podan ter cos intermediarios financieiros, prestándolles axuda legal.


  1. Crear um b oletín periódico para darinformación a tódolos/as asociados/as, e manter unha web para debates ecomunicacións entre os asociados.


  1. Potencia-la participación cidadá para conseguir unhas relacións mais raciónais, funciónais e xustas coas entidades de crédito, e favorecer cualquer opción de cambio tendente ó deseño dun plantexamento económico mais real e xusto co conxunto da sociedade.


  1. A representación e defensa dos/as seus/súas afiliados/as ante a ambigüedade e confusión normativa en torno á actuación das entidades de crédito.


  1. O seguimento e denuncia, no seu caso, das actividades de cualquera das entidades financeiras o das Administracións Publicas que, por vía de feito, menoscaben dereitos inalienabeis da persoa.


Artigo 3º : O domicilio principal da Asociación radicará na cidade de Vigo Rúa Mª Berdiales nº 19-1º Izq. Poderán ser creados locais sociais noutras cidades mediante acordo da Xunta directiva, a cal terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó rexistro de Asociacións.


Artigo 4º : A Asociación desenvolverá as súas actividades en todo o territorio do Estado, terá duración indefinida e só será disolta por acordo da Asambrea Xeral extraordinaria e por calquera das causas previstas nas leis.


Artigo 5º : A Xunta Directiva será o órgano competente para interpreta-los preceptos contidos nestes estatutos e cubrilas súas lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións. Os presentes estatutos serán desenrolados e cumpridos mediante os acordos que validamente adopte a Xunta Directiva e a Asambrea Xeral, dentro da súa respectiva competencia.




CAPÍTULO II




DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN



Artigo 6º: A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a presidente, a Xunta Directiva e a Asambrea Xeral.


Artigo 7º: O/A presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asambrea Xeral, presidendo as sesións que celebre unha e outra.


O/A presidente será designado/a pola Asambrea Xeral entre os /as socios/as que teñan ó menos cinco anos de antigüedade, e o seu mandato durará seis anos.


Artigo 8º: A Xunta Directiva estará formada por un/ha presidente, un/ha vicepresidente, un/ha secretario/a, un/ha vicesecretario/a, un/ha contador/a, un/ha tesoureiro/a e tres vocais, cargos todos que deberán recaer en socios/as que leven polo menos un ano na asociación.


Artigo 9º: os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, elexiranse pola Asambrea Xeral e durarán un periodo de seis anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.


Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por mitade. No primeiro turno serán renovados o/a vicepresidente, o/a vicesecretario/a, o/a tesoureiro/a e un/ha vocal, e, no segundo, ó ano siguinte, o/a presidente, o/a secretario/a, o/a contador/a e os/as outros/as dous/dúas vocais. O primeiro mandato dos cargos do segundo turno de renovación durará un ano mais.


O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará, ademais, a súa retribución.


Artigo 10º: É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades sociais e leva-la xestión administrativa e económica da Asociación someter á aprobación da Asambrea Xeral o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.


Artigo 11º: A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o/a presidente ou o/a vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos/as seus/súas compoñentes. Será presidida polo/a presidente e, na súa ausencia, polo/a vicepresidente ou o/a secretario/a, por esta orde, e, a falta de ámbolos/as dous/dúas, polo/a membro/a da Xunta de maior idade.


Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados por maioría de votos dos/as asistentes, sendo necesaria a concurrencia, ó menos, de seis dos/as seus/súas membros/as. Das sesións o/a secretario/a ou, no seu defecto, o/a vicesecretario/a levantará acta, que se transcribirá ó libro correspondente.


Artigo 12º: os/as membros/as da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais de ditas comisións, o número de vocais que acorda a Xunta Directiva, a proposta dos/as seus/súas respectivos/as presidentes.


Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.


Artigo 13º: O/A presidente da Xunta Directiva terá ademais das facultades consignadas no Artigo 7º, as seguintes atribucións:


  1. Convocar e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asambrea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.


  1. Propor o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixendo as súas tarefas.


  1. Ordenar os pagos acordados válidamente.



O/A presidente estará asistido/a na súa función por un/ha vicepresidente, que, ademais, o/a sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.



Artigo 14º: O/a secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro ou libro de rexistro de socios/as, e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Auxiliarálle nas súas funcións e sustituirá nas súas ausencias o/a vicesecretario/a.


Artigo 15º: O/a contador/a dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos sociais, intervindo tódalas operacións de orden económico. O/a tesoureiro/a recaudará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pago que expida o/a presidente.


O/a contador/a, co/a tesoureiro/a, formalizará o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que deben ser presentados á Xunta Directiva, para que esta, á súa vez, os someta á aprobación da Asambrea Xeral.


Artigo 16º: Cada un dos/as compoñentes da Xunta Directiva terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións o comisións que a propia Xunta lles encomende.


Incumbirá de maneira concreta ó/á secretario/a e, no seu caso, ó/á vicesecretario/a velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de asociacións, custodiando a documentación oficial da Entidade e facendo que se cursen ó Rexistro provincial as comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, e as que ésta acorde remitir a aquél.


Artigo 17º: A Asambrea Xeral, integrada por tódolos/as socios/as, élo órgano supremo da Asociación e reunirase sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou porque o solicite a décima parte dos/as socios/as.


Obrigatoriamente a Asambrea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria unha vez ó ano, dentro do mes de xaneiro, para aproba-lo plan xeral de actuación da Asociación, censurar a xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ó ano anterior.


Artigo 18º: A Asambrea Xeral reunirase en sesión extraordinaria cando o esixan as disposicións vixentes ou así o acorde a Xunta Directiva, en atención ós asuntos que deban tratarse, e, en todo caso, para coñecer das seguintes materias; disposición ou enaxenación de bens, nomeamento de Xunta Directiva, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación de Estatutos e disolución da Asociación.



Artigo 19º.- As convocatorias das Asambreas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asambrea Xeral en primeira convocatoria haberán de mediar, ó menos, quince días, poidendo, así mesmo, facerse constar a data na que, se procedera, se reunirá a Asambrea Xeral en segunda convocatoria, sin que entre unha e outra reunión poda mediar un prazo inferior a vintecatro horas. No suposto de que non se houbera previsto no anuncio a data da segunda convocatoria, deberá ser ésta feita con oito días de antelación á data da reunión.


Artigo 20º: As Asambreas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concurran a elas, presentes ou representados/as, a maioría dos/as asociados/as, e, en segunda convocatoria, cualquera que sexa o número de asociados/as concurrentes.


Artigo 21º: os acordos das Asambreas Xerais adoptaranse por maioría de votos. No obstante, será necesario o voto favorable das dúas terceiras partes dos/as asociados/as, presentes ou representados/as, para adoptar acordos en Asambrea Xeral extraordinaria sobre disposición ou enaxenación de bens, nomeamento de Xuntas Directivas, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación de Estatutos e disolución de asociación.



CAPÍTULO III




DE OS/AS SOCIOS/AS, OS SEUS DEREITOS E DEBERES.



Artigo 22º: Poderán ser membros/as da Asociación as persoas maiores de idade que dalgunha maneira teñan interés en servir ós fins da mesma e sexan admitidas pola Xunta Directiva, a cal poderá otorgar o nomeamento de membro/a honorario ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorífico, sin que leve consigo a condición xurídica se socio/a.



Artigo 23º: Aqueles/as que desexen pertencer á Asociación solicitaranno por escrito do/a presidente, o/a cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión o inadmisión do/a socio/a, sen nengún recurso contra o seu acordo.


Non se adquire a condición de socio/a mentres non se satisfaga a cuota de entrada, na cuantía e forma que estableza a Xunta Directiva.


Artigo 24º: os/as socios/as poderán solicita-la súa baixa na Asociación voluntariamente, pero este feito non lles eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes para con aquéla.


A Xunta Directiva poderá separar da Asociación a aqueles/as socios/as que cometan actos que os fagan indignos de seguir pertencendo á mesma. A separación será precedida de expedente no que deberá ser oído o/a interesado/a, e contra o acordo da Xunta Directiva caberá recurso ante a primeira Asambrea Xeral que se celebre.


Artigo 25º: os/as membros/as da Asociación terán os seguintes dereitos:


  1. Participar nas actividades culturais que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para tódolos/as socios/as.

  2. Exercita-lo dereito de voz e voto nas Asambreas Xerais.

  3. Ser nomeado/a membro/a da Xunta Directiva na forma que prevén estos Estatutos.

  4. Posuir un exemplar destes Estatutos e ter coñecimento dos acordos adoptados polos órganos directivos.

  5. Que se lles poña de manifesto o estado de contas dos ingresos e gastos da Asociación tódolos anos.



Artigo 26º: Serán obrigas de tódolos/as socios/as:


  1. Acatar os presentes Estatutos e os acordos válidamente adoptados pola Asambrea Xeral e pola Xunta Directiva.

  2. Abona-las cuotas de entrada e as periódicas que acorda a Xunta Directiva.

  3. Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen.



Artigo 27º: os/as socios/as poderán ser sanciónados pola Xunta Directiva por infrinxir reiteradamente os presentes Estatutos ou os acordos da Asambrea Xeral ou da Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes ata a separación definitiva da Asociación, nos termos que prevén o Artigo 24.




CAPÍTULO IV




DO RÉXIME ECONÓMICO



Artigo 28: A Asociación carece de patrimonio ó constituirse; e o límite do presuposto anual non excederá de pesetas.


Artigo 29º: os recursos económicos previstos para o desenvolvimento das actividades sociais serán os siguentes:


  1. As cuotas de entrada que sinale a Xunta Directiva.

  2. As cuotas periódicas que acorde a mesma.

  3. Os productos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, donacións que poida recibir en forma legal.

  4. Os ingresos que obteña a Asociación mediante as actividades lícitas que acorde realizar a Xunta Directiva, sempre dentro dos fins estatuarios.



Artigo 30º: A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo sometida á correspondente intervención e coa publicidade sufecinte, a fin de que os/as socios/as poidan ter coñecemento periódicamente do destino daqueles sen perxuicio do dereito consignado a ese respecto no apartado e) do Artigo 25 destes Estatutos.



Artigo 31º: En caso de se disolver a Asociación, a Asambrea Xeral que acorda disolución nomeará unha comisión liquidadora, composta por cinco membros/as extraídos/as dous/dúas da Xunta Directiva, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigacións, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calquer entidade legalmente constituida con domicilio nesta provincia ( ou no municipio de ...) que se dedique a iguais, ou no seu defecto, análogos fins ós da Asociación.