Dende ATTAC Sinerxia pretendemos, mediante a creación desta mesa redonda, de introducir no
debate público, mais aló dos partidos políticos e os medios de comunicación, un tema de
actualidade como é o da crise financieira, as súas consecuencias e as súas posibles solucións.
Buscamos centrar este debate nas Caixas de Aforro pola súa importancia histórica como servizos
financieiros da sociedade galega, que tradicionalmente recurríu ás caixas como un dos elementos
fundamentais de apoio para a actividade e a economía de particulares e PEMES, un dos puntais
fundamentais da vida económica galega. Agora, cunha grave crise en marcha, onde o sector
financieiro está especialmente involucrado no caída da actividade económica e o drama do paro,
pretendemos facer unha reflexión aberta sobre cales son as consecuencias desta crise financieira a
nivel galego e español, as consecuencias que ten e terá, e as posibles solucións económicas e
políticas á dura realidade que estamos a atravesar, todo tendo sempre presente a necesidade de
construír alternativas que fomenten un desenrolo económico sostido e xusto para todos, onde o
sistema financieiro deberá ter un papel fundamental. De ahí a importancia deste debate, que non
debe ser sustraído a cidadanía, senón que debe ser aberto e transparente. Para isto, pretendemos
abrir a discusión a políticos, expertos e movementos sociais, de xeito que poidamos escoitar todas
as voces e construír unha alternativa de futuro democrática nun eido tan esencial para todos e todas.
A MESA REDONDA CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE:
Xavier Vence, economista da USC.
Aureliano García-Llanos, economista.
Henrique Vieitez, deputado polo BNG.
Miguel Quinteiro, membro de Coop57.
Un representante de Esquerda Unida.
E un representante de FIARE
LUGAR CELEBRACIÓN: AUDITORIO DA CASA GALEGA DA CULTURA (PZA
PRINCESA, S/N, VIGO).
DATA E HORA: 21 DE XANEIRO DE 19:00 A 21:30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario