ADEMAIS DO QUE NOS DIN OS POLITICOS DOS MOTIVOS QUE TEÑEN PARA FUSIONAR AS CAIXAS, caben outras explicacións:
Os que gobernan son meros instrumentos do poder financeiro, que ten o obxectivo de converter as Caixas en Bancos privados, para poder absorbelos como fixo ca banca pública. Por iso interesa concentralas, para facilitar a súa “reconversión”. Asi pois, a fusión, é un tránsito para facilitar un obxectivo maís profundo que unha simple redistribución de recursos.
O banco de España, non ten capacidade lexisladora: somentes vixía que se cumpran “as boas practicas bancarias”. E dicir, que se axusten ás normativas ditadas polos propios bancos, ca complicidade cos lexisladores, que se prestan a favorecer os intereses especulativos dos bancos, como foi suprimir como delito a USURA (no 2003).
A estratexia ven de lonxe: Primeiro, os Consellos das Caixas “privatízanse”, ou o que é o mesmo, ningúnease a participación nos mesmos dos representantes do pobo (alcaldes, sindicatos, entidades sociais, traballadores da caixa, etc.) dándolle a maioría a uns teóricos representantes dos clientes, elixidos nun procedemento totalmente antidemocrático, co que se perpetúa a permanencia dos “técnicos” o servizo do sistema, ca complicidade dos dirixentes políticos.
Logo conseguiron, ca complicidade dos políticos e dos "técnicos" que as dirixen, convertelas na practica en BANCOS especulativos, afastando as Caixas dos seus obxectivos fundacionais, entre os que se atopaba un imprescindible apoio financeiro ó desenrolo da bisbarra, facilitando o aforro popular e súa inversión no ámbito no que foron creadas, para competir ca actitude da banca comercial, dedicada a espolo financeiro que nos levou a crise. Suprimindo así unha competencia que frearía a avaricia dos bancos, dispostos a encarecer os custos dos servizos financeiros, como veñen facendo con total impunidade.
Así pois sorprende a inxenuidade do BNG, crendo que a fusión vai servir para algo, ignorando que a crise prodúcese ciclicamente porque así lle convén os financeiros, que teñen perfectamente calculado os riscos e os obxectivos, e que cando lles pete a crise será superada, repetindo o mesmo proceso, até unha nova crise, cada cal máis aguda. O exemplo témolo na Bolsa, onde deciden facer flutuar as cotizacións para xerar as súas ganancias.
Como se pode interpretar o insólito feito de que os "responsables" dos problemas dos bancos, sexan xubilados con indemnizacións de escalofrio?... Prémiase a incompetencia?... En absoluto, recoñéceselles o mérito de cumprir os plans que interesan aos financeiros. A crise estaba perfectamente programada.
Daba por suposto que o BNG a mais de nacionalista tamén lle preocupa o futuro da sociedade na súa globalidade, disposto a defender e manter unha actitude critica co sistema económico-financeiro, instrumento de asoballamento dos pobos e das culturas.
Crear unha banca pública Galega?... Ben, si e para substituír a privada, pero as Caixas, si se quere facer algo con elas, sería mais ben devolvelas ao seu ámbito e controlalas a través da Federación de Caixas Galegas, agora en desuso, ou cando menos non ser cómplices da manobra. Pero, inescusablemente, esixir a democratización dos seus consellos, e ditar una Lei que as controle e evite a súa entrega a Banca.
A motivación da banca, para conseguir o que se di, e evidente: As caixas representan a metade dos recursos financeiros do pais. Apoderarse de seu control, suponlle duplicar os beneficios de forma inmediata.
Parece por tanto que o BNG non ten claro o obxectivo de conquerir unhas finanzas éticas, como primeiro paso para combater a crise e avanzar nun mundo mais xusto, onde sexa doado alcanzar os obxectivos nacionalistas tantas veces proclamados, pero inalcanzables no contexto actual.
M.A. Quinteiro
669781006
No hay comentarios:
Publicar un comentario